• Novo servizo de Coaching Nutricional
    Novo servizo de Coaching Nutricional
    15 de Marzo de 2015

    Acompañaremos procesos de cambio de hábitos nutricionais, sempre tendo en conta tanto as necesidades alimenticias como emocionais de cada persoa.

    Estamos especialmente atentas ós procesos de transición ó vexetarianismo e veganismo.

    Non dubides en contactar connosco para pedir máis información.

  • Ioga para runners
    Ioga para runners
    8 de Enero de 2015

    Se ti tamén disfrutas correndo (ou se queres empezar facelo), debes saber que o ioga pode axudarche a mellora-lo teu rendemento e a previr lesións. Convidámoste a compartir connosco esta clase especialmente pensada para "runners" (que a forma moderna de dicir que saímos a correr de cando en vez), dúas horas de respiracións, estiramentos, posturas de ioga e movementos que nos axudarán a disfrutar máis se cabe do noso deporte favorito.

    O grupo será reducido así que convén que vos apuntedes o antes posible. A aportación por participar será de 8€/persoa (alumn@s de Espazo Maxiavida, 5€).



  • Charla: Biomecánica e reeducación postural
    Charla: Biomecánica e reeducación postural
    30 de Septiembre de 2014

    Xa sabemos que a nosa postura corporal é fundamental para a nosa saúde e que é moi importante coidar a nosa pisada e o aliñamento da columna.

    Ángel Piñeiro, médico especializado en deporte , axudaranos a comprender mellor o noso corpo e daranos algunhas claves importantes para traballar coa nosa saúde postural. Será o 25 de outubro, sábado, ás 17 horas.

    A actividade é gratuíta, polo que é importante que reservedes plaza con antelación.


  • TricotZen
    TricotZen
    9 de Septiembre de 2014

    Compartamos unha tarde de reflexión, tertulia e tecido (ou bordado, ou origami, ou...)

    Na tradición galega, os "fiadeiros" son xuntanzas participativas de diálogoe traballo artesán/manual. Hoxendia, as tertulias de tecelá(ns)están moi en voga (e son un pouco hipster). Queremos darlle unha volta máis e aproveitar a parte máis relaxante e meditativa dos labores de agulla para favorecer un encontro mensual no que compartir reflexións acerca dalgún texto (que vos facilitaremos previamente, claro), disfrutar dunha saudable merenda e tecer, claro.

    O primeiro encontro será o 28 de setembro, ás 17 horas.

    "Pende en que pende Penélope pensativa
    perde novelo nove novamente canto(...)"

    (Álvaro Cunqueiro. Herba aquí ou acolá)

  • Ioga da Lúa en Espazo Maxiavida
    Ioga da Lúa en Espazo Maxiavida
    18 de Agosto de 2014

    ¿Que é IOGA DA LÚA?

    O Ioga da lúa é unha técnica baseada no Kundalini Ioga e na tradición ayurvédica. Combina kriyas, meditacións e exercicios baseados nos centros lunares da muller.

    A enerxía feminina é luar e, coma a lúa, a muller vive nun ciclo constante, durante o cal vai vivindo diferentes emocións asociadas a distintos puntos do corpo. Identificaremos e coñeceremos cada un deses puntos, traballaremos con eles a través da respiración (pranayama) e o Ioga, a fin de aprender a manexa-las emocións propias de cada fase.

    Falaremos, asemade, de alimentación adecuada para determinados momentos da vida da muller (embarazo, menstruación, menopausia...), de hábitos saudables, de remedios naturais... desde a perspectiva do ayurveda, a medicina tradicional de India.

    Celebrarase o vindeiro sábado, 13 de setembro, de 17 a 19 horas en Espazo Maxiavida. A aportación será de 20€.

    Para máis información non dubides en contactar co 678 797 793 ou maxiavida@gmail.com

  • Novedades! Ioga para mamás e bebés
    Novedades! Ioga para mamás e bebés
    5 de Agosto de 2014

    A partir de setembro:

    IOGA PARA MAMÁS (E PAPÁS) E BEBÉS.
    Moitas veces abandonamos a nosa práctica de Ioga despois da maternidade por non interferir coa lactancia, por non separarnos do bebé, porque non sabemos con quén deixal@...
    Queremos crear un espazo no que acodamos á nosa clase de Ioga coa tranquilidade de poder atender @ bebé comodamente, integrándo@ na nosa práctica de Ioga. Tratarase de grupos reducidos para un traballo moi personalizado e o máis relaxado posible.

    Chámanos para informarte ó 678 797 793 e, se coñeces alguén que poida estar interesad@ nesta información, por favor, compártea.

  • Escola de Meditación Espazo Maxiavida
    Escola de Meditación Espazo Maxiavida
    5 de Agosto de 2014

    ESCOLA DE MEDITACIÓN

    Organizaremos encontros mensuais para coñecer distintas técnicas de meditación: canto de mantras, meditación dinámica, mandalas, tankas, visualizacións... De xeito que posuamos ferramentas para a nosa práctica diaria. Os encontros serán principalmente prácticos, a xeito de obradoiros, polo que compartiremos unha meditación grupal en cada xuntanza.

    Cada obradoiro será independente, aínda que recomendamos asistir con regularidade para poder coñecer e aplicar técnicas diversas.

    E, aínda que isto soe tan serio, cómpre lembrar que meditar é un feito cotián e canto máis sinxelo, mellor... E que meditamos para sermos máis felices, non para seguir enfurruñad@s 

  • Ónde atoparnos
    Ónde atoparnos
    22 de Julio de 2014

    Agora mesmo estamos impartindo as nosas clases nos seguintes centros:
    - Biocentro La Bola de Cristal (Vilagarcía de Arousa)- Pilates e Ioga
    -Centro de fisioterapia y osteopatía Manuel Salgado (Vigo)- Ioga
    -Clínica de fisioterapia Carlota Usón López (Vigo)- Ioga e Pilates
    -Gym Body Gran Vía (Vigo)- Ioga

    E, por suposto, clases de ioga e Pilates nas nosas instalacións de Espazo Maxiavida, na rúa Troncoso, 26- 3º C (Vigo)

  • Horarios de clases en Espazo Maxiavida
    Horarios de clases en Espazo Maxiavida
    6 de Febrero de 2014

    Novos horarios de clases en Espazo Maxiavida!! Anímate a vir!

    PILATES:

    MAÑÁS: Mércores e venres, de 11 a 12
    TARDES: Mércores e venres, de 17 a 18. Martes, de 18:30 a 19:30
    NOITES: Mércores e venres, de 20:30 a 21:30. Martes, de 20:45 a 21:45

    IOGA:


    MAÑÁS: Sábados, de 10 a 11
    TARDES: Mércores e venres, de 18 a 19
    Mércores e venres, de 19:30 a 20:30

  • Ioga e Pilates en Espazo Maxiavida
    Ioga e Pilates en Espazo Maxiavida
    18 de Noviembre de 2013

    Estamos formando grupos para clases de Ioga e Pilates en Espazo Maxiavida; queremos empezar en decembro.

    Se estás interesad@ e queres máis información, non dubides en chamarnos ou enviarnos whatsapp ó 678 797 793. Tamén podes escribirnos a maxiavida@gmail.com ou deixarnos unha mensaxe en maxiavida.es.tl